Fundamentación do Proxecto:
Partindo da base de que somos un Centro Educativo
Vicenciano (e, polo tanto, cristian) entendemos a solidariedade como un modo de participación que busca dar respostas
aos problemas sociais. Neste sentido cremos que a escola ten que ensaiar
espazos de igualdade e reciprocidade. Trátase de situarnos desde unha mirada
ético- política da tarefa educativa, este é o sentido que lle damos á idea de
“educar para a xustiza” que é o noso
valor a tratar neste curso. Trátase de construír con outros un espazo onde
todos teñan lugar e participación. Os proxectos solidarios teñen que ser
proxectos de socialización, onde poidamos ir transmitindo e vivindo o tipo de
sociedade que queremos. En concreto, isto é construír colectivamente algo novo
e bo para todos. Trátase de “facer cos outros” máis que “facer para os outros”,
pensando xuntos un proxecto no cal os outros son protagonistas, din que queren,
teñen voz, miran as súas posibilidades e fanse propostas de acción. Vaise do
diálogo á acción compartida.
Cremos que na escola apréndese e nos proxectos solidarios
tamén. Cremos que o coñecemento é un ben social que debe ser repartido,
ofrecido, que se produce porque ten sentido para o ben común, é dicir, que nos
permite desenvolvernos como comunidade, sociedade, país de modo máis xusto. Nos
proxectos solidarios todos os coñecementos son válidos, non só o coñecemento
académico senón tamén os outros coñecementos e, sobre todo, as outras
“actitudes”. O obxectivo: transformar a realidade desde a perspectiva de Xesús,
desde a búsqueda do Reino.
Un
proxecto Solidario ten que responder a unha necesidade concreta dunha comunidade,
grupo ou institución. Non se trata de inventar unha necesidade senón de mirar
ao redor e ver que fai falta e que podemos ofrecer.
Estes
proxectos solidarios están articulados intencionadamente con contidos de
aprendizaxe. Queremos iniciar aos nenos en experiencias de socialización
poñendo o centro en traballar a alteridade, o compartir, en expandir a mirada
un pouquiño mais alá do que eles viven. Por iso queremos que sexan ideados,
pensados e protagonizados polos propios estudantes. Porque eles son os futuros
cidadáns, eles son os que teñen que intentar cambiar o mundo que lles deixamos
os adultos e, ombreiro con ombreiro, xuntos temos que comezar XA. E velaí a nos
MISIÓN compartida con Xesús:
colaborar na construción da civilización do amor.
SOLIDARIEDADE
A solidariedade implica estar disposos a traballar para que
TODAS as persoas se sintan felices, porque, mentres haxa unha soa persoa que
non estea feliz, entón, xa todos temos unha razón para non atoparnos felices.
Notas que distinguen a solidariedade:
- ACCIÓN; ser solidarios significa
estar dispostos a dedicar esforzo polos demais sen outra recompensa que a
satisfacción de que os demais sexan un pouco máis felices. Ese esforzo é
necesario para executar a acción solidaria. O gran perigo que ten este ingrediente
imprescindible no exercicio da solidariedade é que moitas veces todo queda en
palabras.
A ACCIÓN. Ser solidario é dedicar tempo
FACENDO ALGO.
ESFORZO IMAXINATIVO E INTELECTUAL;
cando se trata dunha iniciativa solidaria non se trata de realizar unha acción
calquera senón que, a acción que se execute, ha de ser o resultado dunha
reflexión e dun esforzo imaxinativo. Esta reflexión ten que ter en conta todas
as circunstancias, posibilidades, vantaxes, posición do grupo que toma a
iniciativa solidaria.
ESFORZO: desde o momento que dedicamos tempo a unha
actividade ese tempo xa ten un valor. O tempo é imprescindible para exercitar
calquera traballo.
INTIMIDADE; a solidariedade é
intimidade porque, cando se comparte algo tan vital como o sustento, a persoa
coa que o compartimos non pode resultarnos estraña, se nos resulta estraña
entón a solidariedade perde un dos seus ingredientes fundamentais. Córrese o
risco de caer nunha acción unilateral unicamente encamiñada a tranquilizar a
propia conciencia máis que axudar a outra persoa. Lograr intimidade esixe
buscar un espazo de encontro. Iso significa que a solidariedade é tamén
presenza.
PRESENZA; atoparse os rostros que
fixeron posible a solidariedade, é apreciar o sentido último da solidariedade.
Pois a solidariedade sempre ten un rostro e privar del é deixar a acción
solidaria manca ou colla.
GRATUIDADE; a acción solidaria busca
ante todo a saúde pola saúde, o benestar da persoa en por si, isto pon fóra de
xogo calquera outro interese. E esta é unha das accións con maior sentido para
o ser humano porque pon de manifestó que as relacións humanas son gratificantes
por si mesmas. O encontro de persoas na loita por unha situación máis xusta é
de seu realizador.
EDUCACIÓN SOLIDARIA; tanto o que
sacrifica algo a favor doutras persoas como o que recibe han de ser conscientes
do que teñen entre mans. Para que a acción teña a categoría de solidaria,
require por ambas as partes un sentido da gratuidade, é dicir, en ningún caso
hanse de sentir, nin o un obrigado a “devolver o favor”, como se adoita dicir,
ou sentirse obrigado; nin a outra parte ha de considerar que a súa contribución
é un favor feito que deixa obrigado á outra parte. O fin da acción solidaria está encamiñado ao
logro dunha xustiza cuxo logro fai felices ás dúas partes.
GOZO; o logro da xustiza á que todos
temos dereito sempre que se logra ou se loita por el é sempre un motivo de
alegría e de gozo. Por esta razón a finalización de calquera acción polos
demais ha ser cun sorriso solidario.