miércoles, 8 de enero de 2014

COÑECER O AT


Aquí tes a historia do pobo hebreo, dende Abraham ata o noso días, contada en forma amena a través dun vídeo de animación.

Para nós os cristiáns esta historia ten un valor singular porque a través dela Deus foi dando a coñecer o seu proxecto de revelación/salvación para todos os homes, plan que tivo o seu momento culminante na manifestación do misterio de Xesús, o Mesías, o Fillo de Deus.

Nós lemos os libros do Antigo Testamento á luz de Cristo, o Señor. El é a clave que abre os tesouros escondidos nas Sagradas Escrituras.

Os textos que narran esta historia son sagrados tamén para o xudaísmo, unha razón máis para coñecelos se queremos comprender a fondo a relixión de onde procede o cristianismo.

O ideal sería facer unha lectura en directo dos textos máis representativos da historia da salvación, familiarizarnos coa Biblia, coñecela de primeira man.

Mentres tanto, un adianto.





No hay comentarios:

Publicar un comentario