lunes, 2 de febrero de 2015

SER SOLIDARIOS … NON TEN PREZO

O que recibiches gratis, dáo gratis
Hai cousas que non teñen prezo e que fan un mundo mellor, máis xusto, solidario...más alá das accións

Imos mirar máis alá do grupo, da clase, da aula, do cole. Outros mozos, do noso ámbito e de ámbitos máis afastados, vense afectados por realidades que lles dificulta o seu crecemento físico e tamén nos demais ámbitos da persoa.
Queremos un futuro máis digno para eles. Esa transformación no mundo xerará maiores oportunidades para outras persoas e ao mesmo tempo, fainos mellores a nós. Saibamos dicir, tal e como nos ensinou san Vicente: Convosco, cos outros, cos máis necesitados, cos nenos e mozos que necesitan axuda.
MOMENTO 1: O que non recibes gratis. Por que cousas pagamos?

Comezamos cunha sinxela actividade. Como tantas veces, imos situarnos na realidade que vivimos. Esta vez, facendo unha pequena lista das cousas que compramos no noso día a día ou dos gastos económicos que realizamos e que nos fan a vida un pouco máis sinxela ou cómoda.
O alumno deberá completar a lista que aparece a continuación. Na lista aparecen cousas polas que pagamos, pero que, ao mesmo tempo, son necesarias.
A pregunta sería: Canto custa?

Unha barra de pan: ______€
Un traxecto en autobús: ______€
Ir ao cine:______€
Un caderno: ______€
O último que compraches e usaches:__________€
O que compraches e non usaches moito: __________€
Último obxecto que che gustou polo caro que é:_______€

Momento 2: vídeos anuncio "Máster Card"
Non ten prezo" de MasterCard é unha das campañas publicitarias máis premiadas e tamén máis imitadas. Neste momento, queremos achegar os valores contemporáneos dos nosos mozos a aqueles valores que nos acompañaron sempre: a amizade, compañía, relación cos pais...

Hai cousas que non custan diñeiro, non teñen prezo, pero sabemos que son necesarias.

. Na praia:
. https://www.youtube.com/watch?v=XGZkL_51B1c
. https://www.youtube.com/watch?v=Q_XFGewGlPo
.Cumprir os teus soños:

Momento 3: o que recibiches gratis, dáo gratis
Como vimos nos vídeos, hai cousas que o diñeiro non pode comprar e aínda así, son necesarias para a vida, para ser máis felices, para sentirnos ben.
Neste momento queremos reflexionar:
- Que cousas valoras moito pero que non hai forma de compralas con diñeiro?
Intentaremos que sexan cousas concretas, con persoas determinadas Exemplos: amizade con alguén, ir ao cine con alguén, dar un bico a unha persoa, axudar a un compañeiro/a en algo.

Queremos soñar un mundo máis xusto e tamén queremos construír un mundo mellor. Dentro da campaña solidaria hai aspectos que van moito máis alá da acción que estamos a realizar.

Primeiro individualmente, cada alumno/a deberá reflexionar e facer unha lista con estes aspectos e despois en grupos máis numerosos (4-5) xerar frases que teñan o seguinte formato:
. O teu bolígrafo 20 euros, o meu 3 euros...
. 1 kg de arroz, 1 €...
 que estudemos xuntos, non ten prezo.
ou...Ser solidario, non ten prezo.
ou...O que unha persoa que viva unha situación pouco favorable, saiba que alguén está a pensar nel, non ten prezo
ou... Preocuparse polo outro, non ten prezo.
ou...O que alguén poida comer unha vez ao día, non ten prezo.

Resumindo: queremos trasmitir, unha vez máis, a solidariedade como valor que non ten prezo, máis alá de accións concretas, puntuais. A solidariedade como actitude ante a vida.

Momento 4: Vídeo
É o momento de facer algo visible. En grupos deberedes realizar un vídeo coas mensaxes recollidas no momento anterior e coa maior orixinalidade posible. Nas mensaxes estarán recollidos os aspectos que para nós non teñen prezo e que entendemos son necesarios para transformar o mundo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario