A pobreza no mundo
- Clipmetraxes de Mans Unidas (duración dun minuto)
realizados por mozos sobre a situación da pobreza mundial.
"A
pobreza no mundo":
"
Como cambialo? " e "A inxusta realidade":
"Pobreza
no mundo":
"Comprar
comer comprar":
"Pobreza
mundial":
Despois do visionado:
-
Que é o que máis me impactou do vídeo?
- Es consciente desta
situación na que vive unha sexta parte da poboación do mundo -un de cada 6-?
Mostrámosvos uns breves datos:
- Dos 6.400 millóns de persoas que o planeta Terra
acolle, uns 1.300 o millóns viven en situación de pobreza, con menos de 1 dólar
ao día.
- Uns 1.020 millóns pasan fame... mentres 300 millóns de
persoas padecen obesidade.
- Uns 1.000 millóns de persoas viven en asentamentos
precarios.
- Cada minuto unha muller morre como consecuencia de
complicacións derivadas do embarazo.
- 1.300 millóns de persoas non teñen acceso a asistencia
médica básica.
- 2.500 millóns
non teñen acceso a servizos sanitarios axeitados.
- Cada 3 segundos morre un neno non mundo por causas
evitables.
-
Cando falamos de pobreza, a que nos referimos? Ser pobre
é só non ter bens?
A pobreza non implica só a falta de ingresos, senón tamén
a carencia material de dereitos e bens imprescindibles para a vida: comida,
condicións hixiénicas e de saúde, traballo, auga potable, terra, vivenda,
posibilidade de desenvolvemento e alicerce cultural. Xunto á miseria material o
Papa Francisco sinala tamén outras miserias que fan caer ás persoas en
escravitudes.
Mensaxe da Coresma
2014:
- A miseria moral
por condicións sociais inxustas, por falta dun traballo, por falta de igualdade
respecto aos dereitos de educación e saúde. A miseria nas relacións que
producen marxinación e soidade.
- A miseria
espiritual cando nos afastamos de Deus.
Pensa en ti e no teu arredor:
-
Con canto diñeiro vives ti ao día?
-
Cal das pobrezas che afecta máis?
-
Experimentaches algunha vez a pobreza?
- Conclusión (unha
frase ou unha palabra)
REFLEXIÓN CRENTE -
XULGAR:
- A pobreza á luz da
palabra de Deus
De que lado estás Ti? Podemos preguntarnos cada un de que
lado estamos nesta situación e preguntarlle a Xesús.
- Cal
credes que sería a súa resposta?
San Paulo respóndenolo: "Xa coñecedes a generosidade do noso Señor Xesucristo que, sendo
rico, se fixo pobre por nós, para enriquecernos coa súa pobreza" (2 Cor
8,9).
Paulo está animando aos corintios a que sexan xenerosos
na colecta que van facer en favor das comunidades de Xerusalén e por iso lles
di (2 Cor 8, 7-8.13-14): "Do mesmo
modo que sobresaídes en todo: en fe, en palabra, en ciencia, en todo interese e
na caridade que temos comunicado, sobresaíde tamén nesta xenerosidade. Non é
unha orde; só quero, mediante o interese polos demais, probar a sinceridade da
vosa caridade. Non se trata de que pasedes apuros para que outros teñan
abundancia, senón de procurar a igualdade. Ao presente, a vosa abundancia
remedia a súa necesidade, para que a abundancia deles poida remediar tamén a
vosa necesidade e reine a igualdade,".
San Paulo exhórtanos a ser xenerosos, polo exemplo de
Cristo e para que haxa igualdade. Tamén Xesús nos pide que compartamos os nosos
bens cos pobres en varias ocasións:
- Lc 18,18-27. Pasaxe do mozo rico.
- Por
que Xesús pide vender os bens e dárllelos aos pobres?
- Mc 12,41-44. A ofrenda da viúva.
- Por
que Xesús gaba o donativo desta pobre muller?
- A pobreza á luz do
maxisterio do papa Francisco
- "Da nosa fe
en Cristo feito pobre e sempre próximo aos pobres e ex- cluidos, xermola a
preocupación polo desenvolvemento integral dos máis abandona- dous da
sociedade" (EG 186).
- "A palabra
solidariedade é moito máis que algúns actos esporádicos de gene- rosidad. Supón
crear unha nova mentalidade que pense en termos de comunidade, de prioridade da
vida de todos sobre a apropiación dos bens por parte dalgúns" (EG 188).
- "A
solidariedade debe vivirse como a decisión de devolverlle ao pobre o que lle
corresponde" (EG 189).
- "Hai que
repetir que os máis favorecidos deben renunciar a algúns dos seus dereitos para
poñer con maior liberalidade os seus bens ao servizo dos demais" (EG 190).
- "Coresma é un
tempo adecuado para despoxarse; e faranos ben preguntarnos de que podemos
privarnos co fin de axudar e enriquecer outros coa nosa pobreza. Non esquezamos
que a verdadeira pobreza doe: non sería válido un despoxo sen esta dimensión
penitencial. Desconfío da esmola que non custa e non doe" (Mensaxe da
Coresma 2014).
Le os textos e contesta as seguintes preguntas:
-
Que nos está a dicir o Papa?
-
Que me inspiran, que me provocan estas frases?
- Que vou facer na
miña vida para loitar contra a pobreza?
COMPROMISO CRENTE -
ACTUAR:
Nas túas mans, podes
facer moito!
Aquí ofrecemos 10 propostas, que son só orientativas;
-
Como podes levar ti isto á túa vida?
- Cal é o teu compromiso?
1.
Os pobres son unha presenza
de Xesús: Temos que cambiar a nosa forma de pensar, de actuar, de sentir, en
relación aos pobres porque con eles ten identificado Cristo; por iso debemos
aprender a non fuxir deles, estar con eles...
2. Cambia a túa forma de pensar: pensa de forma global,
universal, nas consecuencias que teñen as decisións para todo o mundo... o
pobre poderías ter sido ti ou pódelo ser...
3. Cambia a túa forma de sentir: sinte que aquilo de máis
que ti consumes, llelo quitas a eles... Por iso sente a liberdade de vivir sen
moitas cousas que son superfluas, innecesarias... Renuncia a cousas e pasa un
pouco de fame, empeza a vivir austeramente, non dispendios, nin malgastes...
(Xaxún).
4. Cambia a túa forma de actuar: se xeneroso! Dá diñeiro
á campaña de Mans Unidas, evita gastos, aforra, fai no teu cole que esta semana
do Xaxún Voluntario de Mans Unidas sexa unha semana sen chuches e sen
caprichos,... de forma que poidas dar do teu diñeiro, ademais de animar a que a
túa familia colabore...
5. Reza polos pobres: na semana de Mans Unidas propón na
túa familia, no colexio, na túa parroquia, aos teus amigos, facer unha oración.
Únete á oración de mayfeelings por Mans Unidas.
6. Entra na páxina web de Mans Unidas: www.manosunidas.org
e coñece o seu labor para erradicar a pobreza. O se o prefires, segue a Manos
Unidas en Facebook, Twitter, Youtube e Instagram.
7. Visita cos teus amigos a páxina
http://www.clipmetrajesmanosunidas.org/ e mira o que outros mozos están a facer
para concienciar ao mundo da pobreza. Anímate a participar: envíanos a túa clipmetraxe!
8. Infórmate da Delegación de Mans Unidas máis próxima ao
teu colexio ou parroquia e failles unha visita. Pregunta polo proxecto de Mans
Unidas co que colabora a túa parroquia ou colexio.
9. Colabora como voluntario en Mans Unidas, axuda no teu
colexio ou parroquia a que todos coñezan non só a campaña, senón o que fai
durante todo o ano... Fala na casa de todo o que aprendiches de Mans Unidas...
10. Participa nun taller solidario, e se non o hai no teu
colexio ou parroquia, propón a súa creación. Para saber como se fai entra en:
http://www.manosunidas.org/material/video-apoio-formacion-cristiá
No vídeo explícanche como se fai. Apúntate!