Introdución á lectura bíblica
Os seguidores de Xesús séntense amados por El, cren na
súa Palabra e séntense chamados a ser outro Xesús na familia, no colexio, entre
os amigos,... Como? Amando.
Lectura 1 Cor 13,1-13
Por moito que eu falase as linguas todas dos homes e as
dos anxos, se non tiver amor, non sería máis ca un bronce que resoa ou un
pandeiro que repenica.
Por moito que eu falase inspirado e comprendese tódolos
misterios e mais toda a ciencia e tivese tanta fe que movese os montes, se non
tiver amor, non sería nada.
Por moito que eu reparta todo o que teño e me deixe
queimar vivo, se non tiver amor, non me sería de proveito ningún.
O amor é de corazón grande, é servicial. O amor non ten
envexa, non ten fachenda, non se ensoberbece; non é malcriado, non busca a súa
comenencia, non se alporiza, non garda malicia; non simpatiza coa inxustiza,
senón que se alegra coa verdade. Desculpa sempre, fíase sempre, espera sempre,
atura sempre.
O amor non pasa endexamais; mentres que as profecías
desaparecerán, as linguas calarán, a ciencia acabará. Porque a nosa ciencia é
limitada e limitada é a nosa inspiración: e cando veña o perfecto, desaparecerá
o limitado. Cando eu era neno, falaba coma un neno, pensaba coma un neno,
razoaba coma un neno; cando cheguei a home, deixei de lado as cousas de neno.
Igualmente: agora vemos nun espello, escuramente; pero daquela habemos ver cara
a cara. Agora coñezo dun modo incompleto; pero daquela hei coñecer tan ben coma
Deus me coñece a min.
En resumo: hai tres cousas que permanecen: a fe, a
esperanza, e o amor. Pero delas a meirande é o amor.
Estamos
chamados a ser cada día BOA NOTICIA para os outros. Oxalá que cada xornada
saiamos á rúa con xestos que reflictan a Xesús resucitado, sabendo que estes
xestos son de amor, e que o Amor todo o pode, todo o aguanta e todo o
sana.
Reflexiona
e comparte cos demais:
-
Como vas
ser boa noticia?
- Pensa algún compromiso concreto e fai o firme propósito
de cumprilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario