lunes, 24 de febrero de 2014

TRAS AS MÁSCARAS....

Non te poñas máscaras que oculten o que realmente es.
Non te escondas de ninguén nin de nada, pois es grande aos ollos de Deus.
Non finxas afectos falsos que te despersonalizan e empequenecen pois non necesitas comprar nin vender amor, pois ti es amor.
Non mires tras a máscara de algo que non es, o teu valor é inmenso.
Que o anonimato dun rostro camuflado non che dea forza para facer o que non farías co rostro descuberto.
Podes enganar aos outros pero nunca poderás enganarte a ti mesmo e... tras esa máscara un grande ser humano espera poder mostrarse tal cal é, cos seus acertos e erros.
A máscara non es ti, ti non es a máscara, ti es... o que está detrás dela. Descúbrete!

As nosas máscaras 
Conta unha lenda que, certo día, a Fermosura e a Fealdade se xuntaron á beira do mar. Ía moita calor e, vendo a auga, ambas as dúas decidiron darse un mergullo no mar.
Así pois, sen pensalo dúas veces, despoxáronse da roupa e somerxéronse nas frescas augas do mar. Pasado un anaco, a Fealdade saíu da praia e, sen decatarse, colocouse a roupa da Fermosura e, deseguido, seguiu o seu camiño.
Ao cabo dun tempo tamén a Fermosura saíu da auga pero, para a súa sorpresa, non puido encontrar a súa roupa. Era moi tímida e, como non se atrevía a camiñar nua, colocouse a roupa da Fealdade. Tras facelo continuou tamén o seu camiño.
E contan que, dende aquel momento, os seres humanos as confunden e mesturan con relativa facilidade.
Non obstante hai persoas que conseguiron contemplar a cara da Fermosura, conseguiron recoñecela sen importar as roupaxes que leva postas. E, de igual forma, tamén foron capaces de recoñecer a cara da Fealdade sen deixar que o tecido llela esconda dos seus ollos.
 KAHLIL GIBRÁN 

Dinámica: cales son as túas máscaras? Xogo da liña



A MIÑA MÁSCARA
Cada vez que me poño unha máscara para tapar a miña realidade, finxindo ser o que non son, finxindo non ser o que son, fágoo para atraer a xente. Logo descubro que só atraio a outros enmascarados, afastando os demais debido a un estorbo: a máscara.

Uso a máscara vai evitar que a xente vexa as miñas debilidades; logo descubro que ao non ver a miña humanidade, os demais me queren polo que son, senón pola máscara.

Uso unha máscara para preservar as miñas amizades; logo descubro que se perdo un amigo por ser auténtico, realmente non era amigo meu, senón da máscara.

Póñome unha máscara para evitar ofender alguén e ser diplomático; logo descubro, que aquilo que máis ofende ás persoas coas que quero intimidar, é a máscara.

Póñome unha máscara, convencido de que é o mellor que podo facer para ser amado. Logo descubro o triste paradoxo: o que máis desexo lograr coas miñas máscaras, é precisamente o que impido con elas.




ORACIÓN
Escoita Señor, por favor, o que non digo
Non te deixes enganar por min.
Non te enganen as miñas aparencias, porque son só unha máscara, talvez mil máscaras, que me dá medo quitarme, aínda que ningunha delas me represente. Aparento sentirme seguro, que todo vai ben, tanto dentro coma fóra; aparento ser a confianza personificada, posuír a calma como unha segunda natureza, controlar a situación e non necesitar de ninguén.
Pero non me creas, prégocho Señor.
Exteriormente podo aparecer tranquilo; non obstante, o que ves é unha máscara. Debaixo, escondido, está o meu verdadeiro eu na confusión, no medo, na soidade.
Pero escóndoo. Non quero que ninguén o saiba. Invádeme o pánico ante o só pensamento de mostralo.
Por iso necesito constantemente crear unha máscara que me oculte, unha imaxe que me protexa da mirada perspicaz. Pero precisamente esa mirada é a miña salvación. A miña única salvación. E eu seino.
Máis, cando vén acompañada da aceptación do amor, entón convértese no único que pode liberarme de min mesmo, do mecanismo de barreiras que levantei; o único que pode asegurarme de algo do que non logro convencerme a min mesmo: de que en verdade teño algún valor.

Non me gusta esconderme, confésocho.
Encantaríame ser espontáneo, honesto e sincero, pero tes que axudarme.

Mírame. Tan só ti podes derrubar as barreiras tras as que me refuxio, tan só ti podes quitarme a máscara. Non me ignores, por favor, non pases de longo! Ten paciencia comigo. Axúdame a derrubar estas barreiras coas túas mans fortes e delicadas á vez, porque un neno é sempre algo moi fráxil. Amén

lunes, 10 de febrero de 2014

SEDE SAL... SEDE LUZ...


-«Vosotros sois la sal de la tierra. Pero si la sal se vuelve sosa, con qué la salarán?
No sirve más que para tirarla fuera y que la pise la gente.
Vosotros sois la luz del mundo". 

Mateo 5, 13-16


Cuando destierres de ti la opresión, el gesto amenazador y la maledicencia, cuando partas tu pan con el hambriento y sacies el estómago del indigente, 
brillará tu luz en las tinieblas
tu oscuridad se volverá mediodía.»

Isaías 58, 7-10